jueves, 30 de noviembre de 2023

Día das diferentes capacidades

O xoves 30 de novembro conmemoramos o "Día das diferentes capacidades" nas nosas aulas que é o día 3 de decembro. As mestras  Pepa e Sabela, organizaron unha actividade moi divertida para nós, titulada " Un mar de peixes". Contáronnos un conto e escribimos unha oración nun peixe co que se nos da ben e co que debemos mellorar ou que non se nos da tan ben. Con todos eles fixemos o mural que vedes na seguinte imaxe. Nel tamén se pode ver un pentagrama con personaxes que destacaron no mundo da música a pesar da súa discapacidade.

A verdade que quedou moi chulo !!





jueves, 2 de noviembre de 2023

CHEGOU O OUTONO!!

 O outono é unha estación moi ligada ás letras o que nos permitiu traballar poemas que describen paisaxes transformadas por esta estación. Tamén cantigas e adiviñas oque falan dos froitos ou tradicións  relacionadas con esta estación. Preme na seguinte imaxe para velos.



SÍLABA TÓNICA