jueves, 30 de noviembre de 2023

Día das diferentes capacidades

O xoves 30 de novembro conmemoramos o "Día das diferentes capacidades" nas nosas aulas que é o día 3 de decembro. As mestras  Pepa e Sabela, organizaron unha actividade moi divertida para nós, titulada " Un mar de peixes". Contáronnos un conto e escribimos unha oración nun peixe co que se nos da ben e co que debemos mellorar ou que non se nos da tan ben. Con todos eles fixemos o mural que vedes na seguinte imaxe. Nel tamén se pode ver un pentagrama con personaxes que destacaron no mundo da música a pesar da súa discapacidade.

A verdade que quedou moi chulo !!





No hay comentarios:

Publicar un comentario